Teléfono de contacto e mail. www.fleire.com
Telefonos de contacto www.fleire.com
E-mail fleire@fleire.com
Portada - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com
Portada - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com A Raza - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Proxecto - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Coñécenos - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Enlaces de interse e imaxes - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com

É vostede a visita número:

Contador de visitas

Voltar arriba

 
Sitio Web optimizado para Mozilla Firefox e Internet Explorer con unha resolución ideal de 1024x768

Ovella Galega

Compra/Venda Ver todas as imaxes

 

Nesta sección vostede terá a oportunidade de saber algo máis sobre a ovella galega e a súa

historia. Asimesmo ofrecémoslle a posibilidade de coñecer o noso proxecto de producción e

compra/venda.

   

Historia

Dende o meu nacementeo, xa no século pasado,

coñecín a existencia da "ovella da raña" ou "ovella de

montaña" agora chamada "ovella galega"

recoñecéndose dous ecotipos: o de montaña e a mariñá.

Ovella Galega en época invernal

Ovella Galega en época invernal.

 

Despois de moitas conversacións con xente da parroquia que eran mozos e mozas nos anos 50 souben que

tradicionalmente as explotacións seguían un sistema semiextensivo do gando ovino ligado ó gando vacún,

compartindo pastos e incluso na maioría dos casos, as cuadras.


Cuadras Ovella Galega

Cuadras da Ovella Galega

Nos seus primeiros momentos a ovella da raña

era compañeira inseparable da vaca parda

alpina formaba parte da cabaña de todos os

veciños da parroquia de Santa Comba.


            Nos tempos da mocidade de meu pai e miña nai a actividade pastoril dos rebaños da ovella da

raña era unha práctica de tipo comunitario onde as reses de todo o partido (Regocorto, Fleire, Casanova

e Busgardín) eran levadas ós pastos por quendas, dependendo do número de cabezas do rebaño. Cada

cinco reses, un día de pastoreo.
           

Ovella Galega - A Sacada

Ovella Galega - A Sacada

Lugar: Casanova (A Sacada)

 

Pola mañá, cada día, un dos veciños subía ó monte con todos os rebaños do partido e pola noite voltaba

con eles, distribuindo as reses nas casas de cada gandeiro. Debido á apararición das vacas de producción

leiteira, o pastoreo das ovellas quedou relegado ás zonas de mala e escasa productividade, polo que

reduciron o número de crías e descendeu a súa calidade.

 

Pastoreo Ovella Galega

Rebaño de Ovella Galega

 

Os gandeiros da parroquia fóronse desfacendo dos rebaños de ovellas e nos anos 80 xa non había

ningunha ovella da raña.