Actividades

Ovella Galega Galiña de Mos
 

Mediante a posta en marcha de recuperación da raza de ovella galega pretendo acadar os seguintes

obxectivos:

 

1. Recuperar a fertilidade das terras familiares e veciñais ,xa avandoadas.

2. Participar no programa de recuperación de razas autóctonas en perigo de extinción para evitar a desaparición da ovella galega.

 

Ovella Galega - Fleire.com

 

3. Conservar a natureza a través dunha agricultura sostible, practicando o pastoreo, respectando as esixencias ambientais.

4. Lograr unha producción de carne ovina de alta calidade.

5. Comercializar con carne de gando ovino en réxime ecolóxico.

6. Poñer en funcionamento unha explotación en réxime extensivo.

7. Rexistrar tódolos exemplares nados na miña explotación.

Para tratar de acadar os obxectivos plantexados comézase polos traballos de desbrozamento das terras

abandoadas dende hai máis de dúas décadas.


A medida que a explotación o require vaise ampliando terreo a petición propia ou a petición dos

veciños que cren que as súas terras estarían mellor dando producto.

 

Na miña explotación os cordeiros de raza ovella

galega críanse ao aire libre ,dende o seu

nacemento ata a súa venda, mamando con total

liberdade da súa nai e pacendo en terreos

ecolóxicos.

Ovella galega nos pastos ecolóxicos

Sigo un programa de cría de animais de raza facendo unha correcta selección , controlando as crías

por parto de cada ovella nai e aplicando unhas condicións de manexo e alimentación totalmente

naturais.


Tódalas reses nadas na miña explotación rexístranse de forma estricta cunha identificación

individualizada para posteriormente inscribilas no Rexistro de Raza de Ovella Galega. O control

tamén e seguido polos servizos técnicos da Xunta de Galicia. Periódicamente cumpliméntanse os

documentos necesarios para manter actualizado o Libro de Rexistro.


Crías nadas na explotación

Das crías nadas na explotación ,realízase unha selección de femias para ser nais ,tendo en conta as

características morfolóxicas específicas da Ovella Galega.


A miña intención é dar a coñecer a calidade do producto a través da venda directa de cordeiros vivos

tanto para recríar como para sacrificar, mesmo visitan a explotación para ver os animais en estado

natural.

 

A galiña de mos trasladeina do concello de Riotorto para o concello de Cervo por ser aquí onde

teño a miña vivenda habitual e os obxectivos son distintos.


Pretendo:

1. Recuperar as características morfolóxicas dos seus

inicios que perderon polos sucesivos cruces con

outras razas.

 

2.Facer un estudo da súa productividade tanto en

carne como en posta de ovos.

Galiña de Mos en época invernal

 

Para lograr o exposto faise unha selección exhaustiva de exemplares tanto masculinos como

femeninos. Obsérvanse tódalas características morfolóxicas de plumaxe, configuración corporal,

crista, orelliñas, patas,cor... De tal forma que os defectuosos adícanse ó sacrificio e ó consumo.


Os ovos fecundados incúbanse con gali ñas ou con quicas.


T ódolos exemplares da explotación están rexistrados.


Lévase un control da posta das galiñas seleccionadas para tal fin así como a calidade dos ovos postos

en tamaño e número de xemas que posúen os ovos.

Telefonos de contacto www.fleire.com
E-mail fleire@fleire.com
Teléfono de contacto e mail. www.fleire.com
Portada - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com
Portada - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com A Raza - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Proxecto - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Coñécenos - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com Enlaces de interse e imaxes - Ovella Galega - Galiña de Mos - www.fleire.com

É vostede a visita número:

Contador de visitas

Voltar arriba

 
Sitio Web optimizado para Mozilla Firefox e Internet Explorer con unha resolución ideal de 1024x768